Imaxe Corporativa
Neste apartado recóllense os elementos que conforman a identidade visual do Concello de Ponteceso e as normas para o seu uso. Inclúe a imaxe institucional e constitucional, a identidade corporativa, as especificacións sobre cores, tipografías e aplicacións gráficas, así como os distintos deseños de papelería e outros soportes de comunicación. O seu obxectivo é garantir unha imaxe coherente, recoñecible e homoxénea en todas as comunicacións e publicacións municipais.
Imaxe Institucional
Imaxe Corporativa
Imaxe para colaboracións
Neste apartado recóllense as versións da marca corporativa destinadas á identificación da colaboración do Concello en actividades, eventos, publicacións e outros soportes de comunicación. Ao tratarse de aplicacións desenvolvidas con posterioridade ao Manual de Identidade Corporativa, non están recollidas nel.
Están dispoñibles para descarga nas súas versións horizontal e vertical, en formatos PDF, PNG, JPG e EPS, tanto en cor como en branco. Tamén se inclúe unha versión con recadro, destinada exclusivamente á súa aplicación en publicacións impresas, como revistas, xornais ou soportes similares.
Actualizado o día: 9/7/2026
Actualizado o día: 9/7/2026
Actualizado o día: 9/7/2026
Actualizado o día: 9/7/2026
Actualizado o día: 9/7/2026















