Axenda

Puro Free Ponteceso

Puro Free Ponteceso

Puro Free Ponteceso
Data: 11 de novembro de 2026
Hora: 17:30h
Lugar: Praza do Recheo, Ponteceso

Descripción

O domingo 11 de outubro, Ponteceso acolle Puro Free Ponteceso, un torneo de freestyle libre no que participantes de Galicia poderán amosar o seu talento.

O evento estará presentado por Claudinho e Kesty, con DJ Affair, e contará con Xenxo, Yosua e Puma como xurado.

A inscrición comezará ás 17:00 h e o torneo dará comezo ás 17:30 h.

Requisitos e información adicional

A inscrición é libre e gratuíta.

  • Modalidade: freestyle libre (non batallas).
  • Poderase participar en galego ou castelán.
  • As persoas maiores de idade poderán inscribirse presencialmente.
  • As persoas menores de idade deberán contactar previamente coa organización para recibir a autorización correspondente.
  • Premio para o/a campión/a: 300 € + unha prenda de Exate.
  • En caso de choiva, o evento celebrarase no Edificio das Escolas.